• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 PARA O ANTES, O SUFRIMENTO E O DESPOIS

11 PARA O ANTES, O SUFRIMENTO E O DESPOIS
11 XUÑO 2021

Gañouna tres veces: no ’64, no ’08 e, a más recente, no ’12, dous anos despois de conseguir por vez primeira a estrela do Mundial na camiseta. Igual que os Xogos Olímpicos, a Eurocopa 2020 —como o seu propio nome indica— teríase que celebrar o ano pasado, pero... COVID-19. Arrinca hoxe, un ano máis tarde, e a Selección Española debuta o luns 14, contra Suecia, no estadio de La Cartuja de Sevilla ás 21.00 h.

Gañouna tres veces... e sufrimos cen; desde o minuto un do primeiro partido da fase de grupos ata a prórroga da final. E esas veces que quedamos en oitavos? E EN CUARTOS? A tensión que os afeccionados poden chegar a sentir ao ver un partido de Liga, convértese en sufrimento cando La Roja está no campo. E terminamos por convertérmonos en adestradores e árbitros de salón. Porque igual que o ritmo dunha canción crece e decrece, faino o rendemento da Selección en cada partido, deixándonos os nervios a flor de pel.

 

Seleccionamos o noso once titular galego para poñer banda sonora ás emocións que sentiremos os próximos días durante os partidos da Selección, desde que o balón comeza a rodar sobre o céspede ata que o árbitro pite o final.

 

 

Mucho nivel, Novedades Carminha

 

 

Confidence, APHONNIC

 

 

Todo va a ir bien, Diariodeverano

 

 

I’m Waiting, Helen & Shanna

 

 

Creisi or What, Kings of the Beach

 

 

Non pensar, Os Amigos dos Músicos

 

 

Todo mal, Dois

 

 

Pior, Bifannah

 

 

No hay remedio, Arantxa Pérez

 

 

Omertá, BALA

 

Aquí entra en xogo a vosa confianza (e esperanza!) Quedaremos en cuartos... ou traeremos a cuarta á casa?

 

Campión internacional, A Gramola Gominola

 

 

Cumbia para matar as penas, MJ Pérez

 

 

  noticias