• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

E AS MELÓMANAS FORON PARA...

E AS MELÓMANAS FORON PARA...
27 OUTUBRO 2021

Por segundo ano consecutivo, os Premios Martín Códax da Música tiveron que celebrarse en outubro pero, a diferenza do ano pasado, esta vez si contaron con público. Organizados por Músicas ao Vivo co apoio da Xunta de Galicia, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu a Gala dos Premios onde a música compartiu protagonismo co humor, grazas á dirección artística, e magnífica presentación, de Marcos PTT Carballido, quen cumpriu a súa promesa de «facernos rir un pouco nun día de festa».

Na festa da música galega, e baixo a dirección musical de Carmen Rey e Ramón Bermejo coa colaboración de Lucas Rei Ramos e Manuel Abraldes, os asistentes puideron desfrutar dun octeto vocal composto por integrantes de coros galegos como Sisters in the House, Coro Encaixe e Coro da Ra, xunto a Narci Rodríguez, artista da plataforma.

 

E as melómanas foron para... 🥁

 

POP E INDIE

A banda da Loba

Perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes

 

 

 

ROCK

Moon Cresta

 

 

 

BLUES, FUNK E SOUL

Brais Morán

Perfil en galiciantunes

 

 

METAL

N.E.O

Perfil en galiciantunes

 

 

 

CANCIÓN DE AUTOR/A

MJ Pérez

Perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes

 

 

 

MÚSICAS URBANAS

WÖYZA

Perfil en galiciantunes

 

 

 

REGGAE, SKA E MESTIZAXE

The Skarnivals

 

 

 

ELECTRÓNICA

Allova

 

 

 

MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA

Alberto Vilas (Naialma)

 

 

 

JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS

María Toro (Fume)

 

 

 

ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA

Bafana Bafana

 

 

 

MÚSICA FOLK 

Caamaño & Ameixeiras

 

 

 

MÚSICAS DO MUNDO

Lamas/De Miguel/Romero

Perfil en galicinatunes

 

 

 

MÚSICA INFANTIL

Radio BULEBULE (Paco Nogueiras)

 

 

 

MÚSICA TRADICIONAL

Xurxo Fernandes & Pedro Lamas

Perfil de Xurxo Fernandes en galiciantunes | Entrevista de Xurxo Fernandes en galiciantunes

 

 

 

COROS E GRUPOS VOCAIS

Coro da Ra

 

 

 

BANDAS DE MÚSICA POPULAR

Banda de Música de Chantada

 

 

 

ORGANISTRUM: PROXECTOS DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL

O Recanto do Corcovado

 

 

Nesta edición, e pola difícil situación vivida durante o último ano, as categorías Organistrum correspondentes a Festival e Sala non se someteron ao escrutinio do xurado nin á posterior votación por parte das socias e dos socios de Músicas ao Vivo. Deste xeito, este ano, estas dúas categorías teñen carácter extraordinario e as Melómanas foron concedidas a Jazz de Ría e Mardi Gras, respectivamente.

 

ORGANISTRUM EXTRAORDINARIO: FESTIVAL

Jazz de Ría

Con cinco edicións ás súas costas, a última o pasado agosto, Jazz de Ría consolídase xa como unha cita imprescindible no circuíto de jazz peninsular. O festival, que se celebra na ría de Ferrol e Mugardos, ofrece múltiples propostas musicais —lembremos que polas súas táboas pasaron grandes como Abe Rábade Trío, Eva Fernández ou Simón García Quartet— ademais de obradoiros de improvisación e actividades infantís. Con produción técnica e escenografía de Luneda Producións, en Jazz de Ría a música comparte protagonismo cos escenarios escollidos para os concertos, que se desenvolven en lugares emblemáticos da zona como a lancha que une Ferrol e Mugardos, o Cantón de Cora mugardés, a Praza Vella, o Baluarte de San Xoán ou o Castillo de San Felipe.

 

 

ORGANISTRUM EXTRAORDINARIO: SALA

Mardi Gras

Desde a súa apertura en 1999, a sala Mardi Gras converteuse nunha referencia da música ao vivo non só para nomes consagrados senón tamén para bandas e artistas emerxentes. A sala recuperou a programación este mes de outubro logo de máis dun ano pechada, pero sempre estivo en contacto co sector musical desde o inicio da pandemia, traballando en prol do colectivo. A Mardi Gras foi a impulsora da campaña #ApoyaTuSala e conseguiron recadar fondos para as salas unidas na mesma iniciativa.

 

 

PREMIO HONORÍFICO

Pablo Barreiro

Productor, compositor e técnico de son, Pablo Barreiro é o responsable do Arquivo Sonoro da Radio Galega desde 1985. Xeneroso, comprometido e sempre respectuoso cos proxectos que chegan ás súas mans, antes de converterse en productor Barreiro exerceu de músico; primeiro como parte de Cristal Azul, grupo compostelán de principios dos setenta, e despois como compositor de bandas sonoras (Mamasunción, Sempre Xonxa, Mareas Vivas). Á parte técnica chegou logo de darse de conta do mal que soaban algúns dos proxectos nos que estaba como músico e, hoxe, máis de 35 anos despois, con centos de músicos e músicas e milleiros de horas de gravación no seu haber, Pablo Barreiro é considerado unha figura histórica da música en Galicia, sempre pioneiro, abrindo novos camiños.

 

 

  noticias